Outras actividades
EXPOSICIÓN DE COLAXES DE DIEGO GIRÁLDEZ “COLLAGE CATÁSTROFE”

Aberta desde o 13 de maio ata o 31 de maio | Círculo Recreativo Cultural
O xornalista e escritor Diego Giráldez descobre en Cans outra das súas facetas artísticas: a colaxe, técnica que practica desde mozo e na que o cinema sempre estivo presente, o mesmo que en toda a súa obra literaria. Na mostra Collage Catástrofe mestúranse mulleres que ben poderían protagonizar unha comedia romántica de Capra con homenaxes a filmes de catástrofes dos 70, coma O coloso en chamas ou Terremoto. Cada anaco de papel dun colaxe de Diego é un fotograma.
PROXECTO CANS 303

Mércores 17 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
Cada ano, o Festival pon en marcha o Proxecto Cans 303: a realización dun documental colectivo, coa participación das veciñas e veciños de Cans e coordinado polo cineasta e videoartista Juanma LoDo, que rescate a memoria e provoque a reflexión sobre aspectos poucos coñecidos da historia da nosa aldea.
De casa en casa
2023 | 21’ | Galego | Estrea absoluta
Coordinador: Juanma LoDo Realizado por: Ángel Rodríguez, Fefi Domínguez Senlle, Juan López, Castiñeira Roi e Carlos Rodríguez. Vai de: Ata os anos 70 do século pasado, determinadas labores cotiás nas casas requirían do traballo de toda a comunidade, onde as mulleres xogaban un papel imprescindible. De casa en casa recolle as testemuñas destes oficios extinguidos, de mulleres que percorrían as aldeas coa máquina de coser ó lombo, cociñaban nas celebracións doutras casas ou ata facían de parteiras para axudar a parir. Case sempre traballos duros, de pé, en xornadas interminables. Este documental é unha homenaxe ás veciñas de Cans que dedicaron as súas vidas ó traballo e á comunidade.
CONCURSO PINTAR O CINE

Xoves 18 | de 15 a 21 h. | Rúa Ramón González
O festival acolle de novo este concurso de pintura rápida no que os participantes deberán crear —na Praza do Concello e diante do público— unha obra de inspiración cinematográfica que inclúa a silueta do Can de Cans.
TAPAS DE CINE. COCIÑANDO “MATRIA”

SHOWCOOKING ESTRELLA GALICIA
Xoves 18 | 19 h. | Praza do Concello
EXPOSICIÓN 20 ANOS DO REI ZENTOLO

Venres 19 | Apertura exposición 19 h. | Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso
Rei Zentolo cumpre 20 anos, os mesmos que o Festival de Cans. Nestas dúas décadas, os seus deseños —moitos deles, inspirados no cinema— convertéronse nunha das referencias iconográficas do noso país, coa súa mestura de cultura galega e retranca, pasados polo filtro estético do pop art: aí están Heidi Metal, a Rosalía de Castro ó xeito de Warhol ou os míticos Pementos de Padrón Picantes, tanto ou máis ca os Red Hot Chili Peppers nos que están baseados. Poderemos velos —eses e moitos máis— nos arredores do Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso.
ROTEIRO MUSICAL CON XURXO SOUTO “DE CASA EN CASA”

Sábado 20 | 10 h. | Saída da rotonda do Can
Como xa é tradición no Festival de Cans, Xurxo Souto, escritor e cantante dos Diplomáticos de Montealto, acompañado polos acordeonistas de AcordeCans, guiará un paseo no que repasará a historia e tradición musical da aldea de Cans. Este ano, o roteiro parte das historias recollidas no documental colectivo De casa en casa.