EXPOSICIÓN DOS ARQUITECTOS JUAN CREUS E COVADONGA CARRASCO: ENTRE CANS E VENECIA
Inauguración, martes 17 de maio, ás 20 h. | Centro Cultural Municipal
A instalación e as maquetas sobre o Festival de Cans que Juan Creus e Covadonga Carrasco preparon en 2021 para o Pavillón de España na Bienal de Venecia de arquitectura, a mais importante do mundo, é o punto de partida desta exposición. Unha reflexión sobre a relación do festival co territorio onde se celebra, que afonda nunha das claves do festival, como é a reconversión de espazos cotiáns privados (jalpóns) en lugares de acción cultural públicos (cinema). Por primeira vez, estas pezas exhibiranse no seu lugar de orixe.

CONCURSO PINTAR O CINE
Xoves 19 | 15h | Rúa peonil do Concello
O concurso de pintura rápida patrocinado por GALPI (Galicia de Pinturas) consiste en plasmar en directo un proxecto presentado previamente nun boceto explicativo, e que debe ter relación ou inspiración na escena dun filme. Os artistas elixidos poderán desenvolver o seu proxecto nun máximo de cinco horas ó longo da tarde.

ROTEIRO CINÉFILO LITERARIO CON CARLOS MEIXIDE
Venres 20 | 10.30 h. | Saída do Torreiro de Cans
O escritor Carlos Meixide acompáñanos aos recunchos menos coñecidos da parroquia, onde transcorre Cans, a súa popular novela de aventuras para público adolescente; un libro ilustrado pola pintora María Meijide que centra a trama nun grupo de rapaces que acoden a Cans a rodar unha curta durante o festival.

ROTEIRO MÚSICAL CON XURXO SOUTO: AS FEIRANTAS
Sábado 21 | 10 h. | Saída da Rotonda do Can
Como xa é tradición no Festival de Cans, Xurxo Souto, escritor e cantante dos Diplomáticos de Montealto, acompañado polos acordeonistas de AcordeCans, guiará un paseo no que repasará a historia e tradición musical da aldea de Cans