OS CORPOS

Sábado 4 | 10.30 e 17 h.

En: Baixo de Bugarín-Blackbird Barber.

Aforo: 60 persoas. MERCAR ENTRADAS.   

2021 | 11’ 03” | España | Galego 

Dirección, guión, fotografía e montaxe: Eloy Domínguez Serén Produción: Beli Martínez Son: Alba Domínguez Serén.

Vai de: Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, farrapadas, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores. As multitudinarias escenas nocturnas adquiren un significado adicional pois filmáronse a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso de Covid-19 confirmado en Galicia.

O detalle: Esta obra, que reflicte o vandalismo e a subversión do entroido, impactou no seu paso por festivais internacionais como o IDFA de Amsterdam, o Bafici de Buenos Aires ou o Clermont Ferrand International Short Film Festival, o maior certame de curtametraxes dos que se celebran en Francia.