ONS

 

Dirección e guión: Alfonso Zarauza Produtora: Maruxiña Film Company Vai de: Logo dunha profunda depresión pola morte dunha paciente no quirófano, un doutor chega a canda a súa muller a Ons coa intención de pasar o verán e recuperarse para así poder volver ao traballo e aclarar o futuro do matrimonio. Tito vaise sentindo cada vez mellor ata que, tras un naufraxio en metade dun temporal, unha misteriosa visitante con amnesia aparece na illa e irrompe nas vidas dos protagonistas para que nada volva ser o que era. Xénero: Drama Estado: Rematada; agardando comezar percorrido por festivais O detalle: Quinta longametraxe do compostelán Alfonso Zarauza, quen nesta ocasión filma unha película arriscada e moi diferente de toda a súa obra anterior.

Coa presenza de Alfonso Zarauza e a actriz Melania Cruz.