ONE GARDENING DAY

Mércores 1  |  18.30 h. e 20.30 h. 

En: Baixo de Carlos-Deleite

Aforo: 40 persoas. PREINSCRICIÓN OBRIGATORIA.   

2021 | 2’ | España | Castelán | Opera prima | Estrea

Dirección, produción, edición, deseño de son e música: Aarón Pérez Pardiñas. Guión: Aarón Pérez Pardiñas, Laura Pérez Zaera (segundo unha idea orixinal de Angy García.)  Animación: Aarón Pérez Pardiñas, David Pérez Plaza. Voces: Alberto Santigosa. Xénero: Animación.

 

Vai de: Nun mundo no que as plantas ocuparon o lugar dos humanos e viceversa, Jeffrey esperta unha mañá de domingo coa intención de traballar no cuberto do seu xardín. Pero un pequeno inconveniente converterá o seu día nun desastre. 

O detalle: Primeira e prometedora curta do animador Aarón Pérez Pardiñas.