ONDE DORMEN AS GAIVOTAS

2020 | 11’ 43” | España | Galego

Dirección, guión, son e BSO: Dani Cornes Produción: Né Ogando Fotografía: Adán Cordeiro Montaxe: Ariadna Cordal Elenco: Lidia Veiga (máis a voz de Yago Durán) Vai de: Nun futuro afectado polo cambio climático, a bióloga Amelia chega a un arquipélago nunha tarefa de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compaña é a voz de Control no seu oído. Todo vai ben, pero o tempo pasa, as tensións medran e comezan as discusións. O detalle: A curta recibiu o Premio Desafío Audiovisual Illas Cíes, lugar onde se rodou.