NINGÚN DEUS

2022 | 18’ 03” | España | Galego | Estrea en festivais

festival de cans 2023: NINGÚN DEUS
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Miriam Opazo Ojea Vai de: É un proxecto que fala sobre a identidade a través do Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense. A partir dos días e momentos previos á primeira saída dunha das máscaras tradicionais, o peliqueiro de Laza, esta peza flúe entre o caos e a calma, constituíndo un espazo mediante o que compartir unha reflexión que medra de dentro cara a fóra: desde o autobiográfico e concreto cara a algo máis universal e abstracto. Ningún Deus acontece en Laza, pero podería acontecer en calquera outro pequeno lugar no interior de Ourense O detalle: Miriam Opazo achégase de forma autobiográfica ó Entroido de Laza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 − 2 =