MY TRUTH
2022 | 6’ 33” | España | Inglés | Subtítulos en castelán | Estrea en Galicia

Dirección e guión: Marta Bouzas Produción: Marta Bouzas, Alexandre Balea Montaxe e fotografía: Alexandre Balea Autor BSO: Andrés Caamaño Banda sonora: The Caretaker Reparto: Pablo Quintá e Anthoni Grande Vai de: Vídeo ensaio documental que narra a vida do protagonista, un mozo que padece trastornos mentais. O propio protagonista vai explicando esas doenzas a través de tres poemas que estruturan os tres actos do filme. O primeiro mostra unha etapa inicial de autocoñecemento, onde sofre o síndrome do impostor; o segundo, unha fase na que renega de si mesmo e da imaxe que ofrece ós demais, onde revela os síntomas da despersonalización; e o terceiro, un período final no que conta unha grave depresión que desemboca en condutas autodestrutivas. O detalle: A debutante Marta Bouzas reflexiona sobre a conexión entre imaxes e testemuñas relacionadas coa saúde mental.