MONTE BRAVO

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma.

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.      

Dirección, guión e montaxe: Noelia Mª Muíño González Produción: Gerard Estalella Puigdollers, Manuel Muíño, Maribel González Aguiar Fotografía: Lorena M. Durán Son: Xián Freire, La Panificadora Estudios Música: Mike Brun Reparto: Paula Vázquez Corral, Pablo Balado Rey, Isabel Figueira Salgueiros, María del Carmen Sanjurjo Manteiga Xénero: Ficción.

Vai de: Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un lobishome no bosque. Pero é real ou só está na imaxinación da nena? Durante a busca que emprenden os irmáns para atopar o licántropo, mergullámonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.

 

O detalle: Formada como cineasta en Nova York, Noelia Muíño regresa á competición de Cans despois de ser unha das triunfadoras da edición de 2019 con The Window, recoñecida polo xurado con tres premios.