MESA SOBRE DISTRIBUCIÓN
Onde imos proxectar as nosas películas?

Xoves 19 | 10.30 h. | Baixo de Carlos
Capacidade: 75 persoas

A  experiencia na distribución de dous filmes independentes galegos recentes —María Solinha, de Ignacio Vilar, e Malencolía, de Alfonso Zarauza— servirá como punto de partida para este coloquio. Ambas cintas exploran formas de promoción fóra das convencionais: proxeccións en pequenas salas ou en Concellos, buscando un público alternativo. A exhibición de películas xa non é o que era, os públicos cambiaron e o modelo está en transformación, pero está esgotado este modelo? Cales son as novas vías de distribución? Como se presenta despois de dous anos de pandemia?

Falaremos con Ignacio Vilar, cineasta e pioneiro en fórmulas de éxito na distribución das súas cintas; María Yáñez, xornalista cultural, exploradora valente de fórmulas de distribución cinematográfica alternativa; e Pablo Baños, terceira xeración de Baños Filmes, empresa histórica da distribución de películas en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

eight − two =