MATRIA

Sesión especial Día das Letras Galegas

Mércores 17 | 16.30 h. | Baixo de Bugarín

Festival de Cans 2023: Matria
2023 | Ficción, drama | 99’ | España | Galego

Unha produción de Matriuska Producciones, Avalon P.C., Ringo Media, Televisión de Galicia (TVG)

Dirección e guión: Álvaro Gago Díaz Dirección de fotografía: Lucía C. Pan Música: Patricia Cadaveira, Marcel Pascual Montaxe: Ricardo Saraiva Reparto: María Vázquez, Santi Prego, Soraya Luaces, Eduardo R. Cunha “Tatán”, Susana Sampedro, Francisca Iglesias Bouzón, Sergio Baleirón Vai de: Ramona, unha muller de 40 anos, vive atrapada nunha situación laboral e persoal tensa e precaria, sempre a sacrificarse polo futuro da súa filla Estrella. Un día coñece a Xosé, un home con quen inicia unha amizade especial que lle fai pensar que, se cadra, hai algo novo polo que pague a pena vivir. O detalle: O filme tivo a súa estrea mundial na sección Panorama do Festival de Berlín e tamén pasou polo Festival de Málaga, que premiou a María Vázquez coa Biznaga de Plata á Mellor Actriz. É a primeira longametraxe de Álvaro Gago, director moi vinculado ó Festival de Cans, onde o vimos medrar como cineasta e onde acadou en dúas ocasións o Premio do Xurado, polas curtas Curricán e Matria, orixe desta cinta da que máis e mellor se leva falado en 2023 no cinema nacional.

ENCONTRO CO PÚBLICO

Presentación da película cos actores María Vázquez e Eduardo Rodríguez, “Tatán”, o director Álvaro Gago e o produtor Daniel Froiz.

COLOQUIO MATRIA

Mércores 17 | 12 h. | Torreiro de Cans
O director e guionista de Matria, Álvaro Gago, e a súa protagonista, María Vázquez, participarán nun coloquio co público para contarnos o proceso de creación e rodaxe do filme.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × one =