Masterclass sobre subtitulado e accesibilidade

Mércores 18 | 13 h. | Baixo de Carlos
Con Pablo Romero-Fresco e Alfonso Zarauza
Capacidade: 75 persoas

A metodoloxía que está desenvolvendo o realizador e profesor Pablo Romero-Fresco sobre os procesos de subtitulado é unha das maiores achegas en investigación na industria audiovisual galega dos últimos anos. Pablo considera que os subtítulos se deben concibir desde a orixe da obra, nun traballo conxunto con directores e guionistas, sobre todo nunha lingua minorizada como é o galego. Nesta ocasión estará acompañado en Cans polo director, produtor e guionista Alfonso Zarauza. Ambos ofrecerán unha clase maxistral na que falarán dos procesos de subtitulado desde dúas vías: a da súa importancia para que o público con dificultades de visión e audición poida comprender os filmes, e a da oportunidade de proxección das linguas minorizadas a partir dun subtitulado correcto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

4 × five =