MARIVÍ, NA PEL DA MEMORIA
2022 | 14’ 03” | España | Galego | Estrea en España

Dirección: Coral Piñeiro e Laura Piñeiro Produción: Coral Piñeiro Guión: Bruno Arias, Coral Piñeiro, Laura Piñeiro Montaxe: Bruno Arias, Laura Piñeiro BSO: Artur Silveiro García Reparto: Lidia Veiga (voz) Vai de: Unha correspondencia con Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde nace a nosa remitente e protagonista. Con 14 anos, Mariví vese obrigada a exiliarse por culpa do golpe de estado franquista. Teñen as súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas e das historias que nos precederon nos lugares onde crecemos? O detalle: As irmás Piñeiro, fundadoras da Asociación Memoria e Cinema, dirixen parte da súa carreira e intereses cara ó tratamento do pasado e a memoria histórica.