MALCAVADA

 

2019 | 15’ | España | Galego, portugués e español | Estrea mundial

Dirección e guión: Antonio Mourelos Produtoras: Lugh Producións, Celtic Pig Films e Lemoncar Filmes Produción: Sonia Seijas Fotografía: Enrique Banet Son: Pablo Viña Música: Nico Casal, Guadi Galego Montaxe: Iván Seoane Elenco: Marta da Costa, Carmen Méndez, Neves Rodríguez, Ledicia Sola, Monti Castiñeiras Vai de: Catro mulleres xúntanse todos os veráns para pasar uns días nunha adega da Ribeira Sacra, propiedade dunha delas. Alí comparten confidencias e segredos, pero este verán vai ser especial. Unha nova inesperada fará que cuestionen a súa amizade e poñerá en perigo as relacións entre todas. O detalle: Segunda incursión na dirección do actor Antonio Mourelos.