LA PENUMBRA

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma.

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.

2020 | 14’ 58” | España | Español.

Dirección e montaxe: Dani Viqueira Produtora executiva: Sofía Pérez Jordán Guión: Luis Sánchez-Polack Fotografía: Ignacio Aguilar Son: Mónica González Puerto Música: Joan Vilà Reparto: Daniel Ortiz, Lorena Hidalgo, Marta Herrero Cagigal, Alberto Conde, Jaime P. Barahona, Lucía Hidalgo, Noemi Marcos Xénero: Ficción, thriller, terror.

Vai de: Laura estuda para as oposicións á súa especialidade médica. Non ten apenas tempo pola hipocondría do seu home e polas pelexas dos seus fillos. Pero cando escurece e Laura entra na penumbra, a súa vida cambia para sempre.

O detalle: Sempre bordeando a liña máxica do fantástico e do cinema de terror, o realizador Dani Viqueira regresa a Cans, onde en 2019 recibiu o Premio do Xurado pola súa curta Limbo.