XURADO VIDEOCLIPS

 

FERNANDO NEIRA, xornalista e crítico musical. Colaborador do xornal El País desde mediados dos 90. Fernando Neira é un dos máis reputados críticos e cronistas musicais españois, responsable tamén da sección musical do programa Hoy por Hoy, da Cadena Ser, e da comunicación da Fundación AISGE. 

ISABEL F. REVIRIEGO, ARIES, compositora, produtora e artista gráfica. Despois de pasar por coñecidas bandas como Charades, a bilbaína Isa F. Reviriego instálase en Vigo, onde se reinventa co pop vibrante de Aries, que compaxina cos seus traballos como artista gráfica, escritora e compositora de son para videoxogos como Melbits world (Playstation 2018). 

PABLO PORTERO, guionista e director. O ferrolán é autor, xunto a Fernández Rego, do libro Galicia en clips (Volta Editores, 2012), e tamén realizador de videoclips, documentais e spots. Foi xefe de programación da sección ‘Videoclips Galicia’ no Curtocircuíto e director dos ciclos Ferrol de Cine. Na actualidade traballa no proxecto dun documental sobre o videoclip en Galicia.