Os espazos que cede Mucha do Peso son ben singulares, dos que máis lle gustan ó público. Neles programamos tanto propostas audiovisuais, no jalpón, coma actuacións musicais, no invernadoiro.
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

Retrospectiva audiovisual + Performance musical
Sábado 20 | 17 h. | Jalpón e invernadoiro de Juan e Mucha do Peso
Rosalía Fernández Rial é unha interesantísima creadora, coñecida como poeta, pero que tamén fai incursións na música para formar con bandas coma Chicharrón, na que toca o acordeón. Rosalía crea fermosas pezas audiovisuais que parten dos seus poemas. O Festival de Cans programa unha escolma das súas pezas audiovisuais, moitas das cales se verán por primeira vez, nun percorrido poético e musical inédito, inspirado na familia paterna da autora, feirantes orixinarios da Graña, na Serra do Suído, que chegaron ata a Costa da Morte. A proposta é tamén unha camiñada con versos e acordeóns que escoitan, coma os canteiros do Porriño, o cantar baixo das arrieiras.

INGRAVIDEZ (2016): 2’ 17”
Do libro Sacar a bailar
Vídeo: Seispés
EU SON ROSALÍA. ESCENA VII (2016): 3’ 45”
Rosalía Fernández Rial e textos Rosalía de Castro
Vídeo: Roi F.F.
AUTOPISTA E DESPRENDEMENTO ( 2016): 3’ 38”
Do libro Ningún amante sabe conducir
ÁRBORES NO DESERTO (2019): 2’ 49”
Do libro Árbores no deserto
Vídeo e música: Antía Ameixeiras
Texto: Rosalía Fernández Rial, Soujouner Truth
A CÁMARA LENTA (2022): 1’ 58”
Do libro Desnortada
Vídeo: Adrían Gómez-Seispés
ENVÉS (2023): 2’ 45”. Estrea
De Rosalía Fernández Rial e Ángeles Huerta.
NANO STERN

Avance documental “En septiembre canta el gallo” + Actuación
Sábado 20 | 20 h. | Jalpón e invernadoiro de Juan e Mucha do Peso
Nano Stern é un dos grandes artistas chilenos máis novos, que forman parte da chamada “Terceira xeración de cantautores” dese país. Multinstrumentista, compositor e cantautor cunha forte influencia do cancioneiro popular e tradicional, o seu traballo aborda a música de raíz folclórica, o rock, o jazz, a trova e a experimentación. Stern afonda na procura do sinxelo e do sutil ó servizo da poesía feita canción. No medio dun mundo revolto, o músico constrúe un refuxio de palabras e sons que reflicten as inquedanzas do tempo intenso que nos tocou vivir. A dimensión de Stern é apreciada por moitos artistas galegos, e leva feito colaboracións con algúns; entre eles, Carlos Núñez, Sés e Xavier Díaz. En Cans homenaxeará a Víctor Jara no 50 aniversario do seu asasinato en 1973, a mans dos golpistas liderados por Augusto Pinochet. Presentará tamén un avance de En septiembre canta el gallo, o documental que está a realizar sobre a historia da canción chilena. E quen sabe se non traerá algunha sorpresa.