Invernadoiro – Espazo Rei Zentolo

RETROSPECTIVA DE JAVI ÁLVAREZ (FLUZO)
Sábado 21 | 17 h. | Cuberto de Mucha do Peso
Capacidade: 100 persoas
Javi Alvarez, creador multidisciplinar, chega a Cans para mostrarnos moita da súa obra, en parte inédita, de videoclips a curtametraxes, pasando por pezas próximas á videocreación. Máis coñecido por ser unha das metades do grupo Fluzo, Javi Álvarez é un interesantísimo creador visual sobre o que Festival de Cans quere poñer o foco nesta edición.

PERFORMANCE MÚSICAL DE JAVI ÁLVAREZ (FLUZO)
AQUÍ HABÍA UN VIDEOCLUB
Ao remate da retrospectiva | Invernadoiro
Capacidade: 100 persoas

O músico compostelán Javi Álvarez, é tamén un alquimista dos sons e as imaxes. Esta peza que presenta no Festival de Cans é a primeira montaxe dun traballo no que leva a traballar 12 anos, cunha banda sonora composta para a ocasión. Picadiscos de renome na escena contracultural barcelonesa, presenta este metraxe en exclusiva. Unha orixinal performance musical creada a partir de sintetizadores e unha variedade de sons que camiñan entre a electrónica e a música experimental.

LITUS: EL DOCUMENTAL. LA HISTORIA DE UN CANTANTE DE PUB
Sábado 21 | 20 h. | Cuberto de Mucha do Peso
Capacidade: 100 persoas
Coa presenza do director Óscar Vilanova e o protagonista Litus
2022 | 30’52’’ | España | Castelán | Documental musical
Litus Ruiz, o líder da banda do programa Late Motiv, é o protagonista de La historia de un cantante de pub, un documental de 30 minutos dirixido por Óscar Vilanova que narra a carreira do músico de Terrassa, popular grazas ao programa presentado por Andreu Buenafuente. Como fío condutor do documental, ligáronse máis de vinte entrevistas personais a xornalistas —Santiago Alcanda, Arancha Moren—, amizades e artistas célebres —Coque Malla, Leonor Watling— e compañeiros, como Pablo Novoa, que nos ofrecen as súas experiencias con Litus e como evolucionou a súa carreira.
ACTUACIÓN DE LITUS E PABLO NOVOA
Ao remate do documental | Invernadoiro
Capacidade: 100 persoas
Os compañeiros de banda en Late Motiv, Litus Ruiz e o vigués Pablo Novoa, xúntanse en Cans para ofrecernos unha actuación de boas versións. Cancións que lles prestan ós dous músicos: desde Sting ata Los Amaya, sen esquecer nunca a The Beatles.