HOMELESS HOME

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma.

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.       

2020 | 15‘ 38” | Francia-España | Castelán | Estrea en Galicia.

Dirección e guión: Alberto Vázquez Dirección de animación: Khris Cembe Produción: Nicolas Schmerkin e Iván Miñambres Montaxe: Laurent Blot Montaxe de son: Dorine Le Lay Música: Víctor García Voces: Sonia Méndez, David Perdomo, Alberto Rolán, Kandido Uranga. Sandra Lesta, Ramón Barea, Alberto Vázquez e Miguel Canalejo Xénero: Animación.

Vai de: Homeless Home está habitada por monstros e seres fantásticos: bruxas, nigromantes, orcos, fantasmas… personaxes sumidos en vidas anódinas. De fondo, un triángulo amoroso que serve de escusa para abordar o drama dos que, pola crise económica, vense na obriga de regresar ao lugar onde naceron.

O detalle: Con tres premios Goya, e unha cuarta nominación, no seu currículo, Alberto Vázquez é un clásico de Cans, onde se forxou como cineasta e gañou tres veces o Premio do Xurado na categoría de animación.