Mércores 1  |  18.30 h. e 20.30 h. 

En: Baixo de Carlos-Deleite

Aforo: 40 persoas. PREINSCRICIÓN OBRIGATORIA.   

2021 | 6’ 45’’ | España | Galego | Ópera prima | Estrea.

Dirección e guión: Óscar Silva. Director de produción: Mauro España. Produtoras: Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) / Producciones Vigo S.L. Montaxe: Carla Martínez. Fotografía: Andrea Rosales. Deseño de son: Daniel Gómez. Reparto: Brais Verde, Flako Estévez, Roberto Macías e Toni Fernández. Xénero: Ficción, suspenso.

Vai de: Castor foxe do seu pasado conducindo por estradas inhóspitas. No medio do camiño atopa, estrelado, un coche idéntico ao seu. Cando para a ver que ocorreu, tres homes ameázano e obrígano a levalos con el. Aterrorizado, Castor deberá decidir se obedecelos ou enfrontarse aos seus medos e loitar por sobrevivir.

O detalle: Curtametraxe realizada por alumnos e alumnas da Escola Imaxe e Son de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *