HAI UNHA VIRXE ALÍ ARRIBA

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.     

2020 | 14’ 27” | España | Galego 

Dirección, guión e montaxe: Brandán Cerviño Produción: Sabrina Zimmermann Fotografía: Pablo Ascanio Son: Alfredo Aybar, Daniela Fung Macchi Música: Laura Vázquez Do Sil, Inma Castro Serén Reparto: Ángel López, Lúa Pagán.  

 

 

Vai de: Un mozo leva a pastar o seu gando ao monte. No camiño de volta atopa unha rapaza que quere ver unha virxe gardada na igrexa do cumio da montaña e decide acompañala na busca. Porén, nun momento da improvisada “peregrinación”, os seus camiños afástanse e unha figura mítica e ancestral revélase.

O detalle: Formado na Escola de Cine de San Antonio de los Baños, en Cuba, Brandán Cerviño ten unha interesante obra no ámbito da non ficción, coa que pasou por Cans en anteriores edicións. Este ano chega ao noso festival coa súa primeira curta de ficción.