GALICE GALICE
2021 | 8’ 37’’ | España | Galego

Dirección, produción, guión, fotografía e montaxe: Yasmina Farhani Vai de: Esta obra é unha viaxe, un percorrido polo imaxinario galego colectivo, polas sonoridades que compoñen as nosas rutinas. Propón mergullarse no pensamento mentres te deixas envolver polos sons que conforman a banda sonora da nosa cotiandade: a radio, a choiva, cambiar de marcha… Cada tempo ten unha musicalidade; esta é a nosa.
O detalle: Formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra, Yasmina amosa neste filme unha sentida achega á nosa cultura.