FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES
Mércores 17 | 10.30 h. | Baixo de Carlos
Coa presenza do director do documental Pancho Álvarez

2023 | 64’ | España | Galego | Estrea absoluta
Dirección, guión e son: Pancho Álvarez Fotografía: Pancho Álvarez, Manuel Fernández Interveñen: Investigadores como Antón Santamarina, músicos históricos como Mini e Mero, violinistas novos como Antía Ameixeiras e Begoña Riobó Xénero: Documental Vai de: A través dunha viaxe na que percorre o máis profundo da Fonsagrada, do Courel e doutras zonas de Galicia, o realizador constrúe un interesante relato en primeira persoa do legado que Florencio López (1914-1986), aportou á música tradicional, onde os seus cantares de cego son venerados por diferentes xeracións O detalle: Pancho Álvarez, músico e compositor, formou parte de bandas históricas do folk galego, coma Na Lúa ou Matto Congrio, e na actualidade é un dos acompañantes habituais de Carlos Núñez. Trátase da súa primeira incursión na dirección documental, despois de que hai anos lle dedicase un disco tributo a Florencio, figura emblemática da música galega.