ENVÉS

2023 | 1’ 42” | España | Galego | Estrea en España

festival de cans 2023: enves

Dirección: Rosalía Fernández Rial, Ángeles Huerta Guión: Rosalía Fernández Rial Montaxe e fotografía: Ángeles Huerta BSO: Garza Reparto: Rosalía Fernández Rial Vai de: A peza parte dun poema de Rosalía Fernández Rial pertencente ó seu último libro, aínda inédito. A proposta xoga cos conceptos de illa e de alteridade. Ás veces podemos atopar na outra o envés dunha mesma. No eido visual, traballamos coa idea do espello, de dar volta á realidade. O resultado é unha confusión entre a danza e a loita. A danza como celebración do encontro, a loita como expresión da tensión que produce o desencontro. O detalle: Ángeles Huerta vén de ser a grande triunfadora dos premios da Academia Galega polo seu filme O corpo aberto, unha sensación que coñecía ben xa que o seu traballo Esquece Monelos foi o documental galego máis premiado no 2017, e coa curta The fletch recibira o recoñecemento no Festival de Cans do 2015. Agora, con Envés, experimenta na construción de imaxes partindo dun diálogo cos versos da poeta Rosalía Fernández Rial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eleven + 14 =