Encontros AISGE

 

Chano Piñeiro, descubridor de actrices e actores

Mércores 2 | 11 h. | Baixo de Carlos | Aforo: 25 persoas sentadas (con preinscrición)

Dentro dos encontros organizados coa Fundación AISGE lembraremos a figura do director e guionista Chano Piñeiro finado hai 25 anos.

Coa presenza de Mari Luz Montes, viúva de Chano Piñeiro, da actriz Uxía Blanco e do actor Miquel Insua. Proxectarase o filme máis emblemático de Piñeiro, Mamasunción.

 

Intérpretes por azar

Xoves 3 | 12.30 h. | Baixo de Carlos | Aforo: 25 persoas sentadas (con preinscrición)

Chegaron o cine por casualidade e alcanzaron a fama cando xa non agardaban nada. Falaremos con Benedicta Sánchez e Amador Arias, protagonistas da película O que arde, de Oliver Laxe.

 

A dobraxe en Galicia

Venres 4 | 12 h. | Baixo de Carlos | Aforo: 50 persoas (con preinscrición)

A dobraxe naceu en Galicia na década de 1980. Reflexionaremos neste coloquio sobre un sector que busca nas plataformas dixitais un novo mercado. Con Monti Castiñeiras, Ana Santos e Xerardo Couto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *