Emocións en Cans

INAUGURACIÓN DA RÚA EFÉMERA MARÍA CASARES
Mércores 18 | 10 h. | Lateral do Torreiro, no camiño que sube polo barrio de Eidos

Descuberta da placa da Rúa María Casares, que permanecerá aberta durante todo festival e se recuperará en cada edición, como faremos coa de Chano Piñeiro, na casa de Souto, e a de Pilar Pereira, na casa de Eusebio.O Festival de Cans celebra o centenario do nacemento da coruñesa María Casares. Actriz referente e personaxe público con gran transcendencia na vida artística, social e intelectual na Francia do século pasado, Cans quere que ocupe o lugar que por xustiza lle corresponde na cultura galega.

HOMENAXE AO CAN DE CANS
Mércores 18 | 20.30 h. | Rotonda de Adroza
O Can de Pedra, situado na rotonda de entrada á aldea é un dos grandes símbolos do festival. Aí arranca cada edición coa descuberta do seu traxe. Con que nos sorprenderá este ano?
COLOCACIÓN DA PLACA DE MARISOL E ALFONSO
Mércores 18 | 21 h. | Muro dos Chimpíns, na baixada ao río de Cans
Desde 2015, o Muro dos Chimpíns é o espazo de homenaxe a todos os veciños e veciñas que recibiron o Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’, o galardón que o festival concede a aqueles que destacan polo seu fantástico traballo para facer grande o Festival de Cans. Alí están nomes como o do histórico e tan querido condutor de chimpíns, Pepe Puime, xa falecido. Este ano súmanse á lista, moi merecidamente, Marisol Troncoso e Alfonso González.
NOITE DAS VECIÑAS E VECIÑOS
Mércores 18 | 21.30 h. | Torreiro de Cans

Capacidade: 500 persoas
– Presentación do Xurado das Veciñas e Veciños.
– Estrea do documental “Mulleres feirantas” de Proxecto Cans 303,
coordinado por Juanma Lodo.
– Estrea do videoclip “O Estraperlo” das pandereteira Fonteliño,
dirixido por Fefi Senlle.
– Actuación de Fonteliño, Acordecans e Pandereteiras de Cans.
PROCESIÓNS DE CHIMPIBUSES
Xoves 19 | 20 h. | Saída da Praza do Concello ata o Círculo Recreativo Cultural
Venres 20 | 21 h. | Saída desde a Rotonda de Adroza ata a o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Sábado 21 | 15.30 h. | Saída desde a Casa de Rafa e Paz ata o Torreiro
Un clásico do Festival de Cans son os desfiles de chimpíns. Os veciños da aldea engalanan os vehículos oficiais do certame para pasear os participantes ao ritmo da música de Os Zoqueiros, o xoves; de Treboada Os Terribles, o venres; e da Banda de Gaitas de Mosende, o sábado.
ESTRELA NO TORREIRO
Margarita Ledo
Venres 20 | 13.30 h. | Torreiro de Cans
NOITE DAS HOMENAXES
Venres 20 | 22 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 1300 persoas
Presentará Keka Losada e estrearemos o documental de Isaura Docampo “Cans, maioría de idade”, sobre a edición do festival de 2021. Viviremos as entregas do premio de honra Pedigree 2022 a Margarita Ledo, dos Chimpíns de Prata Premio Pepe Puime a Federico Pérez, a Javier Tolentino e os nosos veciños Marisol e Alfonso. Tamén a entrega do premio Lasal Cocinas ó mellor videoclip.
Daniel Monzón
ESTRELA NO TORREIRO
Daniel Monzón
Sábado 21 | 13.30 h. | Torreiro de Cans
GALA DE ENTREGA DE PREMIOS
Sábado 21 | 23 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 1300 persoas
Como cada edición, coñeceremos ós premiados deste Festival de Cans 2022. O acto de entrega dos prezados cans de pedra en todas as cateogorías, poñerá o peche ó certame.