EME DJ (Sesión Discochimpín)

Sábado 21 | 01.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 1300 persoas

Marta Fierro, Eme DJ, é unha das máis recoñecidas DJ da escena indie-disco-pop e das principais pistas de baile de toda España. Leva 15 anos en activo como picadiscos profesional, nunha carreira que supera as mil actuacións, e foi residente en salas tan importantes como Low Club, Coppelia, Café La Palma ou Costello Club. Elixida como a mellor DJ nacional por Rockdelux varios años (2010, 2011 e 2014), moveu os pratos en festivais como o FIB Benicássim, Sónar, MTV Europe Music Awards, Arenal Sound ou SOS 4.8, entre outros moitos. Giant (2013), Swim (2014), Ready for Summer (2015) e Flying Deer (2016) son algúns dos discos que recollen o seu material de estudo. Tamén traballou como formadora, impartiu charlas, deu clases de materias como animación musical, preparación de sesións de VDJ ou psicoloxía da pista, e tamén presenta en Cans “Miedo al miedo”, o documental do que ela é protagonista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

fourteen + five =