EL GRAN CORELLI (Animación)

2019 | 7’ 42” | España | Español | Estrea en Galicia

Dirección: Abel Carbajal Guión: Abel Carbajal e David Gascón Produtora: ESCAC Films Fotografía: Àlvar Riu Música: Fernando Furones Montaxe: Abel Carbajal Vai de: O gran Corelli é un novo e exitoso mago no cénit da súa carreira. Pero, na actuación máis importante da súa vida, comete un erro na execución do número que lle deu máis sona, ‘A cadeira flotante’. Ese inesperado fracaso marcará o seu futuro, onde só o alcohol lle axuda a saír a escena. O detalle: Este director mozo, nacido na Estrada, é unha das grandes promesas internacionais da animación. Traballa habitualmente en Laika Studios, en Portland (EE. UU.), unha das factorías de stop motion máis importantes do mundo. Curta estreada na última edición do Festival de Sitges.