DEVORADORA DE NENOS

2022 | 14’54” | España | Galego | Estrea absoluta

Dirección e montaxe: Fran X. Rodríguez Produción: Martiño Vázquez, Sara Vázquez, Isabel Baño e Aniceto Vázquez Guión: Marcos Nine Fotografía: Ledi Bellón Son: Xavi Souto BSO: Manu Riveiro Reparto: Santi Prego, Sergio Pazos, Xaquín Domínguez, Iago Rodríguez, Luka Corcostegui e Martina Vázquez. Xénero: Ficción Vai de: Ton sempre soñou con viaxar ao espazo. Porén, un accidente deixa nel unha marca que o acompañará toda a vida, pero que non lle impedirá construír unha nave espacial, a vía de escape que tanto tempo estivo buscando. 

O detalle: Fran X. Rodríguez é un vello coñecido de Cans, onde en 2016 levou o Can de Pedra á mellor curtametraxe por Ladrones de tiempo, e en 2019 o Premio do Público con O neno bonito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

eighteen − 4 =