DAKIDARRÍA

Sábado 21 | 00.00 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 1300 persoas

Dakidarría celebra no Festival de Cans a súa maioría de idade. Esta banda histórica é referente da música contestataria galega polas súas mensaxes de loita e rebeldía. Tras 18 anos nos escenarios, veñen de editar o seu sexto disco de estudo, Colaxe (2022). Cunha formación á que se incorporaron novos membros, volveron a estrada este ano para descargar, alí onde van, a emoción, a enerxía e a adrenalina habituais nos seus concertos. Dakidarría ten unha relación especial co noso festival, ao que chegou a primeira vez para ofrecer no Torreiro de Cans, nun formato acústico e case que de taberna, unha actuación que aínda se recorda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

20 − eighteen =