DA MORTE NACE A VIDA

2019 | 12’ 55’’ | España | Galego | Estrea mundial en festivais

Dirección, guión, montaxe e produción: Adrián Canoura Música: Abakuá – Guerrera Vai de: A película circula por un arame de misticismo, coa lúa e o lume como elementos evocadores, a raíz do ritual que prepara Urxa, no que a través da morte nace a vida. O detalle: Adrián Canoura, integrante da parte audiovisual do grupo Baiuca, pertence a unha nova xeración de interesantes cineastas galegos. Nos últimos anos gañou premios en festivais como Filmadrid.