CONTE TRENCAT

2020 | 17’ 54’’ España | Catalán e español, con subtítulos | Estrea en Galicia

Dirección e guión: Miguel Gago Caamaño Produción: Mireia Graell Fotografía: Alex Pizzigallo Son: Pablo Gregorio Música: Mario G. Cortizo Montaxe: Álvaro Gago e Miguel Gago Elenco: Duna Molera, Rosalía Omil, Òscar Rabadán, Pol Fernández, Dafnis Balduz e Pol Nubiala Vai de: Perseguindo ao seu primo Salvador, a pequena Luci caerá no feitizo dun bosque que a guiará e protexerá para que poida escapar dun enfrontamento entre a Guardia Civil e un grupo de maquis comandados por unha misteriosa muller. O detalle: Ópera prima do arousán Miguel Gago que estivo a concurso no Medina Film Fest. Coproducida polo seu curmán Álvaro Gago, co que curiosamente competirá por primeira vez nun festival.