POLO CORREO DO VENTO

Sábado 5 | 19.30 h. | Cuberto de Antonio | Prezo: 3 € (venda anticipada) | Aforo máximo: 25 persoas

Un proxecto para nenas e nenas creado en exclusiva para a celebración do 25° cabodano de Chano Piñeiro. Os contadores de Polo Correo do Vento narraranlle á cativada a vida e as claves da obra do creador de Forcarei. Explicarano a través dun formato absolutamente cinematográfico: debuxos feitos a semellanza dos que se empregan na preparación das películas para deseñar as imaxes: os denominados story boards. Este tipo de traballos serven de guía durante a rodaxe, así que as pequenas pequenos que asistan a esta actividade poderán coñecer como é esta ferramenta tan atractiva, ademais de achegarse ao cine de Chano.