Juan Zelada

Venres 20 | 20 h. | Torreiro de Cans
Capacidade: 500 persoas

Criado nun ambiente de músicos e bolseiro no Liverpool Institute for Performing Artists, Zelada recibiu de mans de Paul McCartney o recoñecemento á mellor composición da súa promoción. Logo de crear unha banda coa que xirou por multitude de locais en Londres, chegou a ser abreconcertos de Amy Whinehouse, proba do seu éxito no circuíto de directos. Traballou, entre outros artistas, con Bebe ou Carlos Jean e o seu último disco Be Somebody (2017) destila composicións clásicas de soul, blues e funk, combinando diferentes estilos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

2 × 5 =