COLOQUIO NA LEIRA CON OLIVER LAXE

Sábado 5 | 12 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río | Aforo: 300 persoas (con entrada mercada con anticipación)

O director Oliver Laxe (París, 1982) será este ano o protagonista do Coloquio na Leira, no mediodía do sábado. A súa mirada é unha das máis celebradas nos últimos anos no cinema europeo. Laxe estreouse na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio de la Crítica Internacional. Mimosas, o seu segundo filme, gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016. En 2019, con O que arde, obtivo o Premio do Xurado na Sección Oficial – Unha Certa Mirada, converténdose no primeiro cineasta español, xunto a Víctor Erice, en ser seleccionado en Cannes cos súas tres primeiras obras e o único en gañar en todas as súas participacións. Realizador do aclamado filme O que arde, premiado con dous Goyas, en Cans falará de cine, pero tamén do seu novo proxecto para promover un gran espazo cultural vinculado ao cinema nunha zona rural dos Ancares, idea que enlaza con moitas das bases do Festival de Cans.