COLOQUIO NA LEIRA CON Daniel Monzón

Sábado 21 | 12 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 250 persoas sentadas

Antes de poñerse detrás da cámara, Daniel Monzón (Palma de Mallorca, 1968), traballou como xornalista e crítico cinematográfico para prensa e radio e tamén foi subdirector do programa Días de cine, de Televisión Española. Debutou como guionista con Gerardo Herrero, quen o chamou para escribir, canda a Santiago Tabernero, a película Desvío al paraíso (1994). No ano 2000 dirixiu a súa primeira longametraxe, El corazón del guerrero, nominado aos Goya na categoría de director novel. Seguíronlle El robo más grande jamás contado (2002) e La caja Kovak (2007), Premio do Público no Festival de Cine Fantástico de Lund (Suecia).
En 2009 estreou Celda 211, unha historia carcelaria rodada no antigo penal de Zamora, na que contou con actores galegos como Luis Tosar e Luis Zahera, e coa que levou, entre outros moitos galardóns, os Goya ao mellor director e ao mellor guión adaptado. Con El niño (2015) Monzón coouse de novo entre os nominados aos premios da Academia española de cine. Vén de repetir éxito, e dos grandes, con Las Leyes de la frontera (2021), puro cine quinqui no que traslada á pantalla a novela homónima de Javier Cercas e cinta que lle valeu ao realizador outro Goya ao mellor guión adaptado, e ao galego Chechu Salgado, o Goya ao actor revelación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

three + twenty =