COLOQUIO CON MARGARITA LEDO

Venres 20 | 12.30 h. | Torreiro de Cans
Capacidade: 500 persoas

Co gallo da entrega do Premio Pedigree a Margarita Ledo Andión, o festival de Cans promoverá un encontro da cineasta co critico José Manuel Sande. Ledo é unha cineasta convertida nun referente para as novas xeracións do audiovisual galego. Na súa enorme dimensión como investigadora, ensaísta, escritora, realizadora, guionista ou docente, Ledo é unha figura cunha transversalidade inédita no cinema do noso país e posiblemente en toda a cinematografía do Estado. Unha riqueza e un bagaxe que a cineasta compartirá este ano co público de Cans, onde ademais teremos ocasión de ver unha selección de pezas curtas da creadora, que van da ficción a liñas máis experimentais, pasando polo documental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

three × 1 =