KIKE PIÑEIRO

 

O cociñeiro Kike Piñeiro estará a cargo da cociña para as persoas convidadas ao Festival de Cans. Piñeiro é o chef do restaurante compostelán A Horta  d’Obradoiro, un espazo caracterizado por unha sutil renovación da cociña e o emprego de produtos tradicionais, como sempre, produtos Galicia Calidade. Un xeito de saborear o cine.