CHIMPÍN DE PRATA ‘PREMIO PEPE PUIME’: MERCHI SÁNCHEZ

Venres 4 | 22.30 h. | Espazo Estrella- Leira do Río  | Aforo: 300 persoas sentadas (con preinscición)

Hai oito anos xa que a nosa veciña e enfermeira Merchi Sánchez tivo a feliz iniciativa de crear un grupo médico de voluntarios para atender os participantes e visitantes do festival. Botando man de amigas e amigos, cambiando as súas quendas no traballo e roubándolle horas ao sono, Merchi logrou armar un equipo, coordinado por ela, de tres médicas e médicos e catro enfermeiras e enfermeiros que son quen de atender aos milleiros de persoas que pasan por Cans cada edición.