CHIMPÍN DE PRATA ‘PREMIO PEPE PUIME’: MARIANA FERNÁNDEZ

Venres 4 | 22.30 h. | Espazo Estrella- Leira do Río  | Aforo: 300 persoas sentadas (con preinscición)

Aínda que coñecida para o gran público polo seu personaxe de Maribel no popular “Show dos Tonechos”, Mariana Fernández (tamén Mariana Carballal) ten unha carreira relevante como directora (en series como Libro de familia) e actriz: case vinte películas ás ordes de realizadores da talla de Almodóvar, Gracia Querejeta ou Xabier Villaverde. Coa súa labor docente, impulsa desde a Universidade de Vigo o ‘Proxecto Orballo’, unha gran iniciativa para reflexionar sobre os roles impostos ás mulleres no cinema e na televisión, na que colabora estreitamente co Festival de Cans.