CHIMPÍN DE PRATA ‘PREMIO DIVINA CAMPOS’: JUAN CREUS E COVADONGA CARRASCO

Venres 4 | 22.30 h. | Espazo Estrella- Leira do Río  | Aforo: 300 persoas sentadas (con preinscición)

Desde o seu estudio CREUSeCARRASCO, Juan Creus e Covadonga Carrasco medraron ata ser considerados nos últimos anos como dous dos arquitectos máis prestixiosos de Galicia. Avalados por relevantes galardóns como o Premio Galego de Arquitectura ou o Premio Juana de Vega, Creus e Carrasco coñeceron un día o Festival de Cans e desde entón son un referente á hora de analizar os espazos do festival (os jalpóns de proxeccións) en relación co territorio e a contorna da nosa aldea, ben como coordinadores da idea ‘Cans Proxecta’, ben como comisarios da mostra ‘Ducia de Cans’ ou ben asinando reflexións sobre o Festival de Cans en publicacións internacionais de prestixio.