HOMENAXE A CHANO PIÑEIRO

O Festival de Cans non podía pasar por alto este ano a conmemoración do 25 aniversario do falecemento de Chano Piñeiro. Nacido en Forcarei en 1954, Piñeiro é un dos pais do cinema galego contemporáneo e un realizador chave para que exista un cinema en lingua galega. Filmes coma Sempre Xonxa ou curtametraxes como Mamasunción forman parte da memoria cinéfila de todas as galegas e galegos, nos que Chano deixou unha fonda pegada.

En Cans queremos lembrar en 2020 a un cineasta inesquecible a través de varias actividades transversais que se desenvolverán ao longo de todo o certame; desde a homenaxe que o festival tributa ao cineasta no cartel desta edición, coa figura de fondo da bicicleta voadora de Caladiño, unha das súas personaxes icónicas, pasando pola inauguración dunha rúa efémera na súa memoria, un coloquio, proxeccións e actividades para nenas e nenos.

INAUGURACIÓN DA RÚA EFÉMERA CHANO PIÑEIRO

Mércores 2 | 10.30 h. | Casa de Boente | Aforo máximo: 10 persoas sentadas

Descuberta da placa Rúa Chano Piñeiro. A rúa estará presente durante todo o festival e posteriormente volverá recuperarse cada ano nos días nos que se celebre o certame.

PROXECCIÓN DE MAMASUNCIÓN

Mércores 2 | 11.45 h. | Baixo de Carlos | Aforo máximo: 25 persoas (con inscrición previa)

1986 | 21’ | España | Galego |  Drama

Dirección e guión: Chano Piñeiro Produtora: Luciano Manuel Piñeiro P.C.  Montaxe: Luis María de Valle Fotografía: Miguel Ángel Trujillo Música: Pablo Barreiro e Xosé Luís Rivas Cruz Elenco: Anton Casal, Tía Sunción, Manuel Barreiro, David de Liñares, Tía Elvira, Tía Lusinda, Eliseo Montes, Diego Montes, Ricardo Álvarez, Mari Luz Amaro, Gonzalo Pereira, Manuel Martínez Vai de: Mamasunción, unha anciá que vive nunha remota aldea, acode durante corenta anos á oficina de correos a ver se ten carta do seu fillo emigrado.

Con subtitulado especial para persoas con discapacidades auditiva. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.