CARTOGRAFÍA DO ESQUECEMENTO

2019 | 8’ 53’’ | España | Galego e castelán

Dirección, guión e fotografía: Ariadna Silva Fernández Son directo e música: Manuel García Vicente Vai de: Cartografía do esquecemento é unha reflexión sobre a dexeneración progresiva dos bosques autóctonos galegos e de como iso afecta á memoria e identidade colectivas.  A invasión do eucalipto provoca unha profanación dos territorios sacros dos celtas, aqueles bosques nos que os carballos e os castiñeiros son lugares de conexión co alén. O detalle: A curta forma parte dun proxecto artístico onde a cineasta e fotógrafa estradense reflexiona sobre a desaparición do bosque autóctono galego.