ROTEIRO MUSICAL CON XURXO SOUTO

Sábado 5 | 10 h. | Saída da Rotonda do Can | Máximo 20 persoas (con preinscrición)

Como xa é tradición no Festival de Cans, Xurxo Souto, escritor e cantante dos Diplomáticos de Montealto, acompañado polos acordeonistas de AcordeCans, guiará un paseo no que repasará a historia e tradición musical da aldea de Cans. Esta ruta é accesible para cadeiras de rodas e carros de bebé.