CANDO TOCO UN ANIMAL

 

Dirección e guión: Ángel Filgueira Vai de: Ana e Raquel son parella. Cando coñecen a Pablo, a súa relación comeza a cambiar. A forza do desexo abre a relación de dous a esta nova persoa que penetra irreversiblemente. E do contacto pel contra pel nace unha conexión única onde as fronteiras se disolven. Tres persoas unidas pola atracción, un triángulo de corpos, intencións e vibracións. O poliamor, as novas sexualidades e as novas formas de relacionarse da xeración millenial. Estado: Financiamento O detalle: O pontevedrés Ángel Filgueira estrou en Cans 2018 a súa primeira longametraxe, o documental Sevilla y Gomorra.