CALDO

Sábado 21 | 13.45 h. | Torreiro de Cans
Sesión vermú Nordesía
Capacidade: 500 persoas

María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío que se estableceu no Valmiñor e que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentimento do público. Mellor proxecto de música folk nos Premios Martín Códax da Música 2020 e gañadores do concurso Fran Pérez ‘Narf’ 2020, preparan o seu segundo disco, formado por melodías instrumentais orixinais e por pezas con voz aprendidas do repertorio da tradición oral galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

17 + 6 =