ENCONTRO COA MONTADORA E DIRECTORA JULIA JUÁNIZ

Venres 4 | 10 h. | Baixo de Carlos | Capacidade: 50 persoas (con preinscrición)

A navarra Julia Juániz é unha institución no cinema español. Montadora de máis de 50 longametraxes e infinidade de curtametraxes, traballou con directores históricos do cine español como Basilio Martín Patino, Víctor Erice ou Carlos Saura, con quen montou oito películas, entre elas “Goya en Burdeos”, polo que obtivo unha nominación ós Goya. En 2005 levou o Premio do Círculo de Críticos Cinematográficos pola montaxe de El cielo gira, de Mercedes Álvarez.

Juániz é tamén videoartista, e traballa habitualmente con celuloide pintado a man. Ten dado clases en varias universidades. É membro da Academia Española de Cine e da Academia de Cine Europeo. En 2017, recibiu no marco do Festival de San Sebastián, o Premio Zinemira, pola sea traxectoria profesional e a súa contribución.