PROXECTO CANS 303 “BUSCANDO A CANTEIRA DE CANS”

Mércores 2 | 21h00 | Espazo Estrella da Leira do Río | Capacidade: 300 persoas (con preinscrición)

Cada ano, o Festival de Cans pon en marcha o Proxecto Cans 303, un proxecto para a realización dun documental colectivo, que rescate a memoria e provoque a reflexión sobre partes pouco coñecidas da historia da aldea. Ao longo de catro meses, un grupo de seis persoas de diversas idades traballou baixo a Coordinación do cineasta e videoartista Juanma Lodo, para rescatar nesta edición a histórica canteira de Cans, seguramente a que foi industria máis relevante en toda a historia da aldea. Este ano, a irrupción da Covid-19 ralentizou o proceso de rodaxe do documental, pero todos os participantes traballaron e progresaron a partir das instrucións a distancia impartidas por Lodo.

BUSCANDO A CANTEIRA DE CANS

2020 | 15’ | Galego | Estrea mundial

Dirección: Juanma LoDo Participantes: Flora Maceira, Ainhoa Cabaleiro, Ángel Rodriguez, Raúl Maceira, Carlos Rodriguez e Telma Pazo. Todas eles alumnos do Curso de Cine de Cans “Cans303”. Vai de: Nos anos 50 e 60 do pasado século, a Canteira da Pedreira era a gran industria que movía a aldea. Cerca de vinte persoas chegaron a traballar nesta canteira que era moito máis que un centro de traballo. Desta canteira saían a diario camións cargados de pedra para construir medio Vigo. A súa apertura provocou a chegada de numerosos traballadores que incluso viñan doutras provincias e Cans converteuse nun lugar onde se desenvolveron tabernas e negocios de hospedaxe, ademáis de casas onde vivían estes traballadores. A chegada de novos viciños e viciñas provocou unha nova vida social, vida nos bares e ata xurdiron novas parellas. O documental indaga neste pasado con moitas das persoas que foron testemuñas daqueles días