BLANCO & FUCSIA

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Baixo de Bugarín-Blackbird Barber.

Aforo: 60 persoas. MERCAR ENTRADAS.   

BLANCO & FUCSIA

2020 | 10’ 40” | España | Castelán

Dirección, produción, guión, fotografía, montaxe e son: Marta Valverde Reparto: Claudia Silva, Leonor Castro, Rafa Díaz, María Ruiz, Rocío Agudo, Ángela Corbacho, Marta Valverde.

 

 

Vai de: Chego á casa do meu traballo mal pagado. Outra vez tarde. Abro o frigorífico e recordo que non só non me puiden preparar unha friameira para hoxe, senón que non tiven nin sequera tempo de ir facer a compra. Acabo por cocer pasta con pesto e levo o prato ao meu cuarto. A miña parede, chea de pósteres, fotografías e debuxos, é unha fiestra. Pecho os ollos, xa non estou alí, estou en calquera outro tempo, en calquera outro lugar.

O detalle: Esta curta nace a partir dun proxecto de cinema expandido, entre a instalación e o live cinema, deste interesante realizador de Nigrán, que sempre traballa con material autobiográfico.