BLACKS OR WHITES

2019 | 11’ 35’’ | Reino Unido | Inglés con subtítulos | Estrea en España

Dirección e guión: Anita Pico Produtores: Aakash Meshram e Anita Pico Fotografía: Zoya Chung Son: Anton Arenko, Dan Jones e Kelsey Rushworth Música: Ross Baillie-Eames Montaxe: Anita Pico Elenco: Sara Galvin e Matthew Marcelis Vai de: Levan a un mozo chamado Jerry a unha sala completamente branca para sometelo a un interrogatorio que comeza cunha estraña partida de xadrez. Segundo o tempo e as xogadas avanzan, Jerry decátase de que ten moito máis que perder do que pensaba. O detalle: A coruñesa Anita Pico graduouse con esta curta na University Creative Arts. Este ano foi seleccionada  pola BBC no programa New Creatives para novos talentos.